UN LIBRO PARA O VERÁN 2025: DESFEITA
O verán é longo, bueno é un dicir! Pero o que si é verdade é que hai tempo para todo: praia, amigos...e lectura. A miña recomendación para este verán é Desfeita.
Publicada por primeira vez no ano 1983, Galaxia reedita esta novela en edición corrixida polo autor.
Desfeita iníciase cunha pescuda, a das causas dunha morte acontecida a raíz da sublevación militar de 1936. Mais, pouco a pouco, é a realidade do franquismo a que xorde e se acaba por impoñer. O despropósito e o absurdo dunha sociedade que se mente a si mesma, que se disfraza do que non é.
Camilo Gonsar escribe unha novela que se converte no mellor instrumento para erguer a tona da hipocrisía e para deixar ao descuberto a degradación dunha realidade ridícula e cruel.
Camilo González Suárez-Llanos (Sarria, 1931-Vigo, 2008) formou parte do movemento de autores da coñecida como Nova Narrativa Galega.
Que disfrutedes da novela!
FONTE: editorialgalaxia.gal
0 comentarios