A ORIXE DAS PALABRAS: SER DE DEREITAS OU DE ESQUERDAS
Unha historia moi particular é a que deu orixe aos termos “dereita” e “esquerda”. No Senado Romano cando votaban, aqueles que acompañaban unha proposta cun voto positivo situábanse á dereita de quen presidía a asemblea. Os que, en cambio, daban un voto negativo (ou un “O meu voto non é positivo”) colocábanse á esquerda. Desta maneira, evitábanse confusións e garantíase a transparencia do acto, ademais de que todos advertían con claridade que votaban cada un.
O costume de que os oficialistas se situasen á dereita no recinto tamén se viu reflectida durante a Revolución Francesa. A primeira Asemblea Xeral tivo lugar a fins de agosto de 1789 no Palacio das Tullerías, en París. O importante asunto a resolver era nada menos que a continuidade da participación da monarquía nas cuestións de Estado. O sector privilexiado, que era o máis moderado, apoiaba o regreso de Luis XVI. En cambio, a clase traballadora (sentada á esquerda) quería profundar a revolución. Aquela asemblea delineou un novo sentido para esas palabras. Fóra do recinto, falábase das posturas da dereita e da esquerda.
Así, no léxico político, a diferenciación mantense: a dereita é máis conservadora e a esquerda, mais revolucionaria.
FONTE: themalbecpost.com Imaxe: billiken.lat
0 comentarios