Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: "SESTA"

A ORIXE DAS PALABRAS: "SESTA"

Cuadro "A sesta", de Francois Millet / Imaxe: eleconomista.es

A palabra sesta ten unha curiosa procedencia. Unha das Regras de San Bieito consistía en gardar repouso despois da ‘sexta hora’ latina, para nós o mediodía, que é a hora de máis calor. Así vén reflectido no capítulo  XLVIII que fala sobre ‘O traballo manual de cada día’:

3. Desde Pascua ata o catorce de setembro, desde a mañá, ao saír de Prima, ata aproximadamente a hora cuarta, traballen no que sexa necesario. 4. Desde a hora cuarta ata aproximadamente a hora de sexta, dedíquense á lectura. 5. Despois de sexta, cando se levantaron da mesa, descansen nas súas camas con sumo silencio, e se talvez algún queira ler, lea para si, de modo que non moleste a ninguén. 6. Nona dígase máis temperán, mediada a oitava hora, e logo volvan traballar no que faga falta ata vésperas”.

Aquí ten a súa orixe a palabra ‘sextear’ ou ‘gardar a sexta’, que despois deformouse popularmente en ‘sestear’ ou ‘gardar a sesta’.

A sesta tamén ten unha explicación biolóxica. É unha consecuencia natural do descenso do sangue despois da comida desde o sistema nervioso ao sistema dixestivo, o que provocaba unha consecuente somnolencia.

Disfrutemos dos beneficios da sesta. Iso si, de xeito moderado!

0 comentarios