Blogia
vgomez

ORIXE DAS PALABRAS: TEA MARIÑEIRA

A expresión "tea mariñeira", que na vida cotiá adóitase utilizar para expresar a importancia, dificultade, abundancia ou o moi custoso que pode resultar algo. Así, "vai custar conseguilo tea mariñeira", "a cousa ten tea mariñeira" ou "esta persoa ten tea mariñeira". O dicionario da RAE define a expresión "ter tea mariñeira" como ter gran dificultade.

A orixe de dita locución xorde dos ambientes mariñeiros e portuarios, e fai referencia ao tecido utilizado para a confección das velas dos barcos: moita tea, custosas de elaborar e dun alto prezo.

Se nos trasladamos a tempos pretéritos onde os navíos utilizaban velas de grandes dimensións, veremos como precisaban investir inxentes cantidades de diñeiro para a súa confección, debido a que non se trataba dun material corrente nin moito menos barato. Debían posuír unha gran resistencia para aguantar as fortes arremetidas do vento na mar, polo que esa dureza convertíase nunha dificultade engadida á xa complicada e arduo labor do cosido. Máis aínda, se lembramos que as máquinas de coser con uso para velas non foron patentadas ata finais do século XVIII, polo que todo o traballo era manual. Por esta razón, nos buques de vela sempre embarcaba un «mestre veleiro», que se facía cargo da gran cantidade de velamen que levaba e propulsaba ao barco, e que indubidablemente obrigaba a un traballo permanente de reparación, recollido e confección de novas velas.

É precisamente esa robustez o que dá orixe á expresión "tea mariñeira" utilizada nos nosos días.

FONTE: lavozdegalicia.es      Imaxe: iniciacionalmodelismonaval.es

0 comentarios