Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ARXENTINA? IX

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Lago Arxentino. Situado no suroeste da provincia de Santa Cruz, é o maior e máis austral dos grandes lagos patagónicos. Pola súa superficie de 1.560 km2, é o lago máis grande da República Arxentina e o terceiro en Sudamérica.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. O grande río de Arxentina, o segundo de América do Sur, despois do Amazonas, é o río Paraná. Pero este río discorre tamén por outros países limítofes, que son…

- Brasil

- Brasil e Uruguai

- Brasil e Paraguai

- Brasil, Paraguai e e Uruguai

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.orga   Imaxes: alltrails.com

0 comentarios