Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? IV

Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

A contestación correcta á pregunta de onte é Murray. Este río, tamén é o máis longo de Australia, con 2.508 km. Nace na Gran Cordilleira Divisoria, nos Alpes Asutralianos, atravesando o sueste do país ata desembocar no océano Índico, preto de Adelaida. Entre os seus afluentes principais atópanse o río Mitta Mitta (de 160 km), o río Kiewa (de 100 km); o río Murrumbidgee (de 1.486 km), o río Goulburn (de 654 km) e o río Darling (de 1.545) km. Con todo, a pesar de que o río Murray é considerado como o río máis longo de Australia, se se teñen en conta os afluentes máis longos do río Darling, que son o Culgoa, o Balonne e o Condamine, a súa lonxitude total aumenta a 2.740 quilómetros, o que a converte na vía fluvial máis longa de Australia.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é o maior lago de Oceanía?

- Lago Torrens

- Lago Gairdner

- Lago Eyre

- Lago Mackay

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: iagua.es      Imaxe: australias-physical-features-is.weebly.com

0 comentarios