CANTO SABES DE AUSTRALIA? XV
Continúo coa serie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Zarzo dourado (acacia). Golden Wattle (Zarzo dourado) ou Acacia Pycnantha, unha fermosa especie que florece ao sur de Australia, principalmente sobre a Península de Eyre, o oeste de Victoria e na Nova Gales do Sur. Aparece tamén no escudo do país, coa súa cor amarela característica.
E imos coa pregunta de hoxe!
15. Cal é a moeda oficial de Australia?
- Libra australiana
- Dólar americano
- Dólar australiano
Mañá a solución e unha nova pregunta!
Fonte: es.wilipedia.org Imaxes: es.wilipedia.org
0 comentarios