Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CANADÁ? V

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é Toronto. É a maior cidade do Canadá, capital da provincia de Ontario. Sitúase na marxe norte do lago Ontario. Ten máis de 2,5 millóns de habitantes na cidade propiamente dita e preto dos 6 millóns na zona metropolitana. Séguenlle en poboación Montreal e Vancouver.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a forma de gobreno de Canadá?

- República

- República Federal

- Monarquia

- Monarquía Federal Parlamentaria

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios