Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR?

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR?

A enerxía nuclear é unha forma de xeración de enerxía alternativa ás tradicionais (e tan prexudiciais para a habitabilidade de planeta e a saúde humana) combustibles fósiles (o carbón e o petróleo). Baséase nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns. A gran vantaxe desta fonte enerxética é que produce grandes cantidades, estalidos enormes de enerxía que, controlada e dosificada, utilizouse como combustible desde mediados do século XX en moitos países do mundo. O seu descubrimento é relativamente recente, de principios do século pasado, e algúns dos nomes máis soados da ciencia contemporánea resoan na historia desta fonte de enerxía (Marie Curie ou Albert Einstein)

A radioactividade pode provocar dano no noso ADN. A nuclear é un tipo de radiación  ionizante, que pode arrincar un electrón dun átomo. Por iso, o seu poder é unha arma de dobre fío, como xa se experimentou nas primeiras décadas do século XX. Por desgraza, o marabilloso potencial da enerxía nuclear utilizouse con fins militares durante a Segunda Guerra Mundial, mediante o lanzamento de bombas atómicas, a arma máis destrutiva que se coñece.

Con todo, a tecnoloxía empregada nas centrais nucleares pouco ou nada ten que ver coa antiga tecnoloxía militar nuclear. É máis, os procesos detrás da obtención de enerxía nuclear evolucionaron moito co paso das décadas. A seguridade das centrais nucleares perfeccionouse; os métodos de obtención de combustibles nucleares perfeccionáronse; e os erros cometidos co tratamento de residuos (uno dos principais problemas e críticas a esta fonte de enerxía) foron mellorándose.

Boa parte da comunidade científica deposita as súas esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...) Con todo, a pesar do seu enorme potencial, posúe moitos detractores.

Debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Queres comprobar canto sabes sobre enerxía nuclear?

Si, pois comezamos!

1. O proceso de rotura dun núcleo atómico producido polo bombardeo con outros neutróns denomínase...

- Fusión

- Fisión

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios