Blogia
vgomez

O MONUMENTO DE GEURRA MÁIS ANTIGO DO MUNDO

Iste enigmático montículo construído no nordés de Siria hai uns 4.400 anos podería ser o monumento de guerra máis antigo coñecido.

O  montículo alberga restos de soldados homes e nenos, un deles duns 8 anos, xunto co seu equipo militar, afirman os arqueólogos. Os corpos están moi danados, posiblemente porque morreron en batalla e foron trasladados alí para enterralos con honras.

O enorme  montículo recibe o nome de Monumento Blanco, porque estaba cuberto de xeso, para que puidese ser visto a quilómetros de distancia.

O monumento de terra levantouse nos arredores de Tell Banat, á beira oriental do río Éufrates que xa estaba ocupado hai 5.000 anos, nos albores da Idade de Bronce.

O  montículo artificial construído polo asentamento pode ser un primeiro intento dunha civilización mesopotámica descoñecida de honrar aos seus mortos na guerra e mesmo de afirmar o control sobre a rexión proxectando a súa poder, informa un estudo publicado na revista Antiquity .

A maior parte de Tell Banat asolagouse a finais da década de 1990 debido á construción da presa de Tishreen uns quilómetros máis abaixo. Os poucos restos que se mantiveron por encima do nivel da auga foron posteriormente moi danados polo Isis, que se apoderou da zona ao principio da guerra civil siria.

Con 22 metros de altura e 100 metros de diámetro, o impoñente Monumento Blanco ten unha historia complexa e desconcertante.

Inicialmente tería a forma dunha pirámide graduada, informan os arqueólogos. Nos chanzos desta pirámide, os antigos mesopotámicos crearon instalacións con ósos humanos e ofrendas funerarias. Os arqueólogos recuperaron polo menos 30 corpos, todos homes.

Un dos lados da pirámide contiña enterramentos individuais acompañados de grandes cantidades de perdigónss bicónicos, munición común para as fondas da época. Estas armas de infantería, fáciles de fabricar e eficaces, podían ser utilizadas por case calquera persoa, mesmo por un neno.



Situación de Tell Banat / Perdigóns bicónicos atopados / Antiquity Publications Ltd/Anne Porter et al/Euphrates Salvage Project

Os corpos enterrados estaban moi danados, o que indica, segundo os investigadores, que os soldados foron transportados ao lugar despois de morrer na batalla, e coidadosamente enterrados de novo con honra xunto coas súas pertencías para a guerra.

A xente da antigüidade honraba aos que morreron na batalla, do mesmo xeito que nós”, indica a autora principa do estudo.Non sabemos se foron os vencedores ou os perdedores desa batalla. Sabemos que levaron os corpos dos mortos dalgún outro lugar, quizais moito despois do evento, e enterráronos nun enorme montículo que era visible a quilómetros á redonda ”.

FONTE: Luca Landi/quo.es

0 comentarios