Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? IX

 

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Unha formación feita de rocha branca cuxa orixe é sedimentariaEn xeomorfoloxía, é unha especie de gran columna natural constituída a base de rochas débiles, xeralmente sedimentarias, cuxa cima é de rocha máis resistente que a protexen dos efectos da erosión. Atópanse principalmente no deserto e en zonas áridas, secas e quentes. Varían en tamaño desde a altura dun humano ata máis dun edificio de 10 pisos. Os minerais depositados nos diferentes tipos de rocha son a causa de que certas chemineas varíen de color ao longo da súa altura.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. As estalagmitas crecen desde o chan cara ao teito

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org     Imaxe: ingeoexpert.com

0 comentarios