Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO LXXI

ENCRUCILLADO LXXI

 

VERTICAIS: 1. Instrumento de labranza de folla curva, grosa e forte co mango máis longo ca o da fouciña, que se utiliza para rozar 2. Enclave burgalés (Castela e León) situado no interior da provincia de Áraba (País Vasco) cuxas terras a rodean completamente 5. Capital de Paquistán 6. Unha das vinte rexións que conforman a República Italiana, situada na Italia insular, cuxa capital e cidade máis poboada é Cagliari.

HORIZONTAIS: 3. Paxaro da familia dos upúpidos, de peteiro longo e curvado, ás arredondadas e plumaxe de cor castaña rosada, coa parte inferior do lombo e o rabo raiados de branco e negro e notable crista eréctil coa punta das plumas negra, con nome científico Upupa epops 4. Arbusto da familia das oleáceas, de follas opostas, flores brancas pequenas moi olorosas, dispostas en panícula, froito en baga e nome científico Ligustrum vulgare 7. Cidade, sede do parlamento autonómico da Rexión de Murcia, a Asemblea Rexional de Murcia, órgano lexislativo da comunidade autónoma 8. Río máis longo de Xapón, con 367 quilómetros de lonxitude 9. Apelido do escritor lucense, autor da novela Crime en Compostela (1984), gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega 10. Molusco de corpo alongado da clase dos cefalópodos, con oito brazos con función prénsil e dous tentáculos con función táctil e copuladora moito máis longos ca os brazos, dúas aletas triangulares na parte posterior e unha cuncha interior delgada e transparente en forma de pluma, cuxo nome científico é  Loligo vulgaris.

0 comentarios