Blogia
vgomez

A MÚSICA: UN AGASALLO PARA OS TEUS FILLOS

 

A súa música transporta a terras afastadas, a tempos ancestrais e a lugares máxicos. É unha invitación para tender pontes entre culturas e unha chamada á tolerancia a través da fusión musical. Para esta compositora, cantante e instrumentista, a música é o seu vehículo “para chegar á beleza, ao diálogo e ao encontro.

Ana Alcaide é a directora do ‘Festival de Músicas do Mundo’ de Toledo e pioneira en España na divulgación da ‘Nyckelharpa’, un instrumento sueco antigo capaz de facer viaxar no tempo a quen o escoita. Con ela percorreu o mundo, reivindicando o poder transformador da música e o seu valor pedagóxico. Tamén desenvolveu unha intensa actividade investigadora ao redor da música antiga, as súas tradicións e lendas.

Alcaide estudou violín no Conservatorio de Música de Xetafe e Bioloxía na Universidade Complutense de Madrid. Completou os seus estudos na ‘Malmö Academy of Music’ de Suecia e na Universidade de Baixa California, México. Desde o marco de inspiración que lle brinda a cidade de Toledo, comenzó a escribir e tocar na rúas as súas cancións, adaptando o seu instrumento a melodías da España medieval. A súa música foi descrita como “a banda sonora de Toledo” pola súa singular reinterpretación da música antiga e sefardí. En 2017 foi galardoada coa Medalla ao Mérito Cultural das Artes Escénicas e a Música de Castela a Mancha.

0 comentarios