Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? VII

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Rómulo Augústulo. Nacido o ano 461 en Rávena, foi o último Emperador Romano de Occidente (475-476). Curiosamente, este último emperador levaba o nome do fundador e primeiro rei de Roma, Rómulo, e do primeiro emperador, Augusto. Era fillo do xeneral de Atila Flavio Orestes, e foi ascendido a emperador polo seu pai, co nome de "Rómulo Augusto", pero debido á súa curta idade foi chamado Augústulo. Con todo, o emperador de Oriente Zenón non o recoñeceu como tal. A presión dos hérulos reclamando as terras no centro da península Itálica provocou a caída de Rómulo cando contaba con tan só 15 anos de idade. No seu lugar, o xeneral dos hérulos, Odoacro, reclamou o trono de Italia (476), confinando a Rómulo en Lucullanum, o Castell dell’ovo, na baía de Nápoles. A súa data de morte é un verdadeiro misterio, xa que mentres se perde todo rastro del cara ao ano 476, existen indicios e teorías que consideran a súa supervivencia ata o ano 511. A súa deposición xeralmente considéraselle como o fin do Imperio Romano, aínda que a parte oriental do Imperio sobrevivise ata 1453. Aínda que Odoacro reclamou o trono de Italia, non estaba a reclamar a toga púrpura nin a dignidade imperial, xa que enviou as insignias imperiais a Constantinopla. Aquilo foi a xustificación lexítima que tiveron os emperadores de Bizancio para a reconquista do Imperio de Occidente.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Antes del imperio romano e os seus emperadores, cal foi a forma de gobernó de Roma?

- Monarquía

- República

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  historiaclasica.com  Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios