Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS XVIII


Edward Jenner / Imaxe:biografiasyvidas.com

A resposta á pregunta do día anterior é MELLOROU PERO NON CONSEGUIU SOBREVIVIR. Alexander Fleming descubriu por casualidade a penicilina no seu laboratorio do hospital Saint Mary de Londres, pero pouco tempo despois abandonou os experimentos pola dificultade do seu desenvolvemento. Outros colegas seus reemprenderon o traballo e conseguiron probar a súa eficacia primeiro en ratos e máis tarde en persoas. Con todo, a pesar de que o primeiro home tratado experimentou unha gran melloría coas primeiras doses, morreu porque usaron con el toda a penicilina que conseguiran producir nun ano, e non tiñan máis.

E imos coa pregunta de hoxe...

18. O médico Edward Jenner está considerado como o descubridor das vacinas, pero sabes contra que enfermidade, que el mesmo sufrira de pequeno, loitaba Jenner?

- Cólera

- Ébola

- Sida

- Varíola

Maná a solución.

FONTE: nationalgeographic.com.es

0 comentarios