Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? II

Continúo coa serie, que onte iniciamos, adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Latinos. Eles, que vivían nas chairas do Lacio, xunto ao Tíber, foron os primeiros romanos, e co tempo impuxéronse a todos os demais pobos que compartían a península con eles.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Roma foi fundada, segundo a cronoloxía establecida por Marco Terencio Varrón, o 21 de abril do ano 753 a.C. A que personaxe lendario atribúese a súa fundación?

- Rómulo

- Remo

- Eneas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Gran Enciclopedia de bolsillo. Editorial Molino   Imaxe:historia.nationalgeographic.com.es

0 comentarios