CINE: "HANDIA"
A película "Handia" alzouse, na pasada noite, con 10 premios Goya na edición de 2018 dos galardóns da Academia Española de Cinema.
Handia é un relato sobre as raíces e o cambio. Rodada en eúscaro, ambientada no século XIX está dirixida por Aitor Arregi e Jon Garaño.
Este relato, cuxo título significa grande, baséase na historia do xigante de Altzo. A cinta conta a historia de encontros e desencontros de dous irmáns. Cando Martín regresa a Gipuzkoa tras loitar na Primeira Guerra Carlista, descobre que Xoaquín medrou moito máis do normal, ata superar amplamente os dous metros de altura. Con ton onírico e de gran factura técnica, a película mostra os camiños opostos e ao mesmo tempo converxentes dos dous irmáns protagonistas. Un desexa coñecer mundo, outro prefire quedar no caserío familiar. O xigantismo que sofre o menor deles convértese no principal sustento familiar. Por iso ambos inician unha viaxe de teatro en teatro a través de Europa, para explotar a rareza de Xoaquín, case inédita no continente.
Miguel Xoaquín Eléicegui (1818-1861) é o nome da persoa real na que se inspira a historia. Converteuse nun fenómeno internacional, ao medir 2,43 metros e pesar 203 quilos. En Altzo, o pobo de Gipuzkoa de 400 habitantes no que naceu, hai unha estatua que lembra a súa enorme figura.
Parabéns!
FONTE: Verne/Xornal El País
0 comentarios