Blogia
vgomez

O ASTEROIDE 2002 AJ129 CHEGA O 4 DE FEBREIRO

 

O asteroide 2002 AJ129 achegarase á Terra o próximo 4 de febreiro e pasará a unha distancia equivalente a dez veces a separación media entre a Lúa e o noso planeta, uns 4,2 millóns de quilómetros, segundo a NASA. O obxecto ten unhas dimensións de entre 0,5 e 1,2 quilómetros e, como mide máis de 140 metros e pasará a menos de 7,84 millóns de quilómetros da Terra, é considerado como un "Asteroide Potencialmente Perigoso" (PHA).

Con todo 2002 AJ129 supón un risco nulo para o planeta. Tal como informa space.com, 2002 AJ129 é un asteroide de tamaño medio que foi descuberto en 2002 polo sistema de seguimento de obxectos próximos á Terra do "Maui Space Surveillance Site", situado na illa de Haleakala, Hawai (EE. UU.)

O obxecto caracterízase pola súa elevada velocidade, superior á velocidade media dos asteroides, que no momento da máxima aproximación á Terra situarase ao redor dos 34 quilómetros por segundo. O motivo de que sexa tan rápido é que este asteroide pasa moi preto do Sol, a só 18 millóns de quilómetros.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios