A ORIXE DAS PALABRAS: POÑER AS MAN NO LUME POR ALGUÉN
Poñer a man no lume ou poñer as mans no lume por alguén é unha expresión que se usa para indicar que temos plena confianza na integridade desa persoa e respondemos da súa honradez.
A expresión ten a súa orixe na crenza antiga de que a proba do lume esclarecía a verdade. Nas ordalías ou xuízos de Deus, que eran probas rituais que se practicaron en Europa na Idade Media para pescudar a culpabilidade ou inocencia dunha persoa acusada, sometíase aos sospeitosos a diversas probas para pescudar a verdade e establecer a súa culpabilidade ou a súa inocencia.
Unha delas era a proba do lume. Esta consistía en que ante o tribunal o acusado debía suxeitar ferros candentes ou introducir as mans no lume ou nunha fogueira.
Se o acusado saía indemne da proba ou con poucas queimaduras, significaba que Deus considerábao inocente. Esperábase que, se non era culpable, Deus axudaríao por encima de todo para que resplandeciera a súa inocencia. Baseábase na crenza de que Deus non permitiría que fose vencido quen tiña razón e dicía a verdade.
Na Biblia xa temos algunhas mostras, como a pelexa entre David e o xigante Goliat, na que o máis débil, axudado por Deus, vence ao xigante.
Evidentemente, xa ninguén cre nestas probas como detector de mentiras ou pedra de toque de dubidosas inocencias. Pero a expresión poñer a man no lume segue viva na nosa lingua prol a súa eficacia ponderativa. E usámola convencidos de que non teremos que poñela en práctica, senón que nos bastará a súa soa mención para que se nos crea.
FONTE: Melina Sutera/billiken.lat
0 comentarios