Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALBRAS: QUE CHE DEAN MORCILLAS

Posiblemente nalgunha ocasión, cando queres librarte dalquén molesto, zanxar unha discusión, utilizamos a expresión ‘que che dean morcillas’ con ánimo de resolver tal situación de forma categórica.

Pero, cal é a procedencia desta expresión? Antigamente a rabia ou hidrofobia era unha enfermidade moi contaxiosa (propiciada pola insalubridade de rúas e augas) e amplamente estendida nalgunhas cidades por animais abandonados (sobre todo cans vagabundos, aínda que algunhas fontes indican que tamén se daban casos nos gatos) chegando en ocasións a converterse nunha perigosa epidemia de saúde pública.

Como método para a súa erradicación dábase para comer a eses animais rueiros unhas morcillas, as cales contiñan estricnina no seu interior (un potente e mortal veleno) e desta maneira tentábase eliminalos co fin de controlar a transmisión da enfermidade.

Este procedemento desapiadado cos devanditos animais deu paso a finais do século XIX, tanto en Madrid como noutras cidades, á creación das canceiras e á profesión de laceiro, que era o que se ocupaba de capturar aos cans rueiros e confinalos, acabando así coa mortal práctica da morcilla.

Que che dean morcillas é unha locución que ten múltiples sinónimos como que che dean por saco, que te fodan…

FONTE: Alfred López/blogs.20minutos.es

0 comentarios