Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: LOITAR A CAPA E ESPADA

Quen loita a capa e espada faio con gran empeño, a brazo aberto e con todas as súas forzas, para lograr un obxectivo.

Esta frase popularízase durante o Século de Ouro español (séculos XVI e XVII) a través das chamadas “comedias de capa e espada” nas que certos nobres e cabaleiros loitan ou defenden intereses dese modo para dirimir conflitos esencialmente relacionados co amor e a honra.

Esta expresión xa aparece no Quixote, de Miguel de Cervantes. Dicía o escritor que loitar a capa e espada por algo ou por alguén é defendelo por forza e por encima de todo. E explicaba que loitar a capa e espada é o modo en que loitaban os cabaleiros, leándose a capa ao brazo esquerdo para parar os golpes mentres manexaban a espada coa man dereita, ao contrario que os pícaros, que pelexaban a capotillo e puñal.

Desa forma valente de afrontar os lances, propia dos cabaleiros, deriva a frase, que se aplica actualmente a toda defensa decidida e con empeño que facemos dalgún negocio ou persoa.

Esta maneira de loitar, con todo, é moito máis antiga. Montaigne (1533-1592) nos seus ensaios, escritos en 1580, di que os antigos romanos xa a practicaban.

No noso idioma identificase tamen coa frase contra vento e marea.

FONTE: clarin.com e viajerosenelarte.com    Imaxe: viajerosenelarte.com

0 comentarios