Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? V

Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.

A contestación correcta á pregunta de onte é Chinos. A pólvora foi descuberta en China cando os taoístas tentaban crear unha poción para a inmortalidade. As forzas militares chinesas usaban armas baseadas en pólvora (foguetes, mosquetes, canóns) e explosivos (selectas e diferentes tipos de bombas) contra os mongois cando estes tentaban entrar nas súas terras na fronteira norte. Despois de que os mongois conquistasen China e fundasen a dinastía Yuan, usaron a tecnoloxía militar chinesa para o seu intento de invasión de Xapón, onde tamén utilizaron a pólvora para propulsar os seus foguetes.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Quen descubriu a fregona?

- Juan Jalón

- Jacob Howe

- Thomas W. Stewart

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Wikipedia.org    Imaxes: historiaactiva.com e elespañol.com

0 comentarios