Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CANADÁ? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é  Ao norte limita co Océano Glaciar Ártico, ao sur con Estados Unidos, ao leste co Océano Atlántico, e ao oeste co Océano Pacífico e Alaska (Estados Unidos).

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Dixemos xa, que Canadá é o segundo país máis grande do mundo. Pero cal é o primeiro?

- Estados Unidos

- China

- Rusia

- Brasil

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e elconfidencial.com   Imaxes: es.canadamap360.com e hotcourseslatinoamerica.com

0 comentarios