Blogia
vgomez

MITIGAR O RISCO

 

E se os nenos, para medrar sans, necesitan experimentar? O educador estadounidense  Gever Tulley está convencido diso. Asegura que o risco, controlado, pode converterse nunha potente ferramenta educativa: “Para obter adultos competentes, debemos educar a nenos capaces de enfrontarse á adversidade, superándose a si mesmos”. Tulley cre firmemente que a educación sen sobreprotección é moi necesaria no século XXI: “Necesitamos nenos e nenas valentes, que estean preparados para afrontar os retos do mundo que vén”. Escritor, educador, orador e científico, Gever Tulley é o fundador de ‘Brightworks  School’ e ‘Tinkering School’, dous proxectos educativos baseados na aprendizaxe a través da experimentación, o risco e a creatividade. O seu libro, ‘50 cousas perigosas que deberías deixar facer aos teus fillos’, escrito xunto a Julie Spiegler, é unha compilación de actividades pensadas para realizar en familia. Nel, propón experimentos controlados como pegarse os dedos con pegamento, ou  vendarse os ollos durante unha hora. “Os nenos son persoas capaces de facer cousas asombrosas mentres aprenden a avaliar os riscos e as súas consecuencias”. Aos pais medorentos, Tulley lánzalles unha mensaxe clara: “Non permitas que entre os teus fillos e a súa autonomía, interpóñase o teu medo”.

0 comentarios