A ORIXE DAS PALABRAS: SALVARSE POLOS PELOS
Antigamente un dos principais medios de locomoción eran os barcos. Estes non só servían para trasladarse dun porto a outro (xa fose entre países ou distintos continentes), senón para loitar na guerra e explorar novas terras, ademais de trasladar mercadorías.
Por tal motivo necesitábase unha gran cantidade de persoal que traballase nas embarcacións. O problema radicaba en que non todos os mariños sabían nadar e, en moitas ocasións, por un motivo ou outro, podían acabar caendo á auga. Un dos trucos para ser salvado polos compañeiros era que se agarrasen polo cabelo da cabeza, polo cal debían deixarse crecer a melena. Este acto orixinou a famosa expresión salvarse polos pelos.
FONTE: Rocío Carmona/lavanguardia.com
0 comentarios