CANTO SABES DE ITALIA? XVIII (FIN)
Remato coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é…
1- Pompeia: Entrada á basílica no Foro de Pompeia. A basílica era a sede da administración de xustiza e, xunto co Foro, constituía o edificio máis importante da cidade. Tiña cinco portas que abrían cara ao Foro, que daban paso a tres naves internas. A época da fundación calcúlase cara ao 120 a. C.
2- Panteón de Agripa. Ou Panteón de Roma, é un edificio relixioso da Roma antiga que, en orixe, foi un templo consagrado a todas as divindades da relixión antiga, e que foi reconvertido en igrexa cristiá no 608 e adicado á Virxe polo que hoxe é denominado, propiamente, como Basílica de Santa María ad Mártires, aínda que, o seu nome coloquial é Santa María Rotonda. Así, a praza fronte á edificación denomínase Piazza della Rotonda e dá nome a un distrito da cidade.
3- A Fontana di Trevi. É unha fonte barrocas erixida en 1762 na cidade de Roma por Nicola Salvi. Segundo a actual división administrativa do centro de Roma, está situada no rione de Trevi. Ten unha altura de 26,3m e un ancho de 49,15m, é a meirande das fontes barrocas da cidade e unha das máis famosas do mundo.
4- A Capela Sistina. É unha capela localizada no Palacio Apostólico, ao norte da Basílica de San Pedro, no Vaticano. Foi construída a partir de 1475 e inaugurada o 9 de agosto de 1483 polo Papa Sisto IV. O interior foi redecorado a partir de 1508, baixo encomenda do Papa Xulio II, con frescos de Michelangelo Buonarroti, entre os que se atopa a célebre Creación de Adán. Michelangelo terminou o seu traballo en 1541, xa baixo o pontificado de Paulo III, coa conclusión da representación do Xuízo Final, sobre o altar. É tamén famosa por ser o local onde se reúnen os conclaves e se fan certas cerimonias, como as coroacións papais. A capela ten forma rectangular (40,93 m por 13,41 m, as dimensións do Templo de Salomón, tal como veñen descritas no Antigo Testamento). Ten 20,70 metros de altura.
E así acamabos! Seguro que vos decatariades que non falei da Roma e o imperio romano. A explicación: xa adiquei no seu momento unha serie.
Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios