Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? V

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Canón. En xeoloxía e xeomorfoloxía, un canón é un accidente xeográfico provocado por un río que, a través dun proceso de epixénese, escava en terreos brandos unha profunda fendedura de paredes case verticais. Os canóns (tamén chamados, especialmente cando son estreitos, foces, desfiladeiros ou gargantas) son incisións lineais de tendencia rectilínea e que posúen carácter estrutural, dirixidos por levantamentos tectónicos, por descensos do nivel de base ou erosión remontante do río principal.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. O núcleo externo do interior da terra é sólido.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org  

0 comentarios