CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? VIII
Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.
A contestación correcta á pregunta de onte é Thomas Saint . A máquina de coser non se inventa da noite para a mañá. En 1755, en Londres, Charles Weinsthal patentou unha agulla par e en 1790 tamén patentou unha maquina coa que se furaba o coiro, con iso sentaban os principios da futura máquina de coser que non aparecería ata o ano 1830, cando o xastre Barthelemy Thimonnier, casado cunha bordadora, inventa a máquina de coser funcional. Pero anos máis tarde descubriuse, na oficina de patentes, que en 1790 unha máquina de coser fora patentada por Thomas Saint, quen realmente sería o primeiro en usar unha patente comercial. Pero a ese dato non se chegou ata o ano 1874 (corenta e catro anos despois de que todo o mundo recoñecese a Thimonnier como o auténtico inventor).
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Quen inventou o teléfono?
- Alexander Graham Bell
- Antonio Meucci
- Sanuel Morse
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: valledeelda.com e es.wikipedia.org Imaxes: contrado.es e es.wikipedia.org
0 comentarios