A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO XIII
Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.
13. Italia: O nacemento de Venus
O nacemento de Venus (en italiano, A Nascita dei Venere) é un cadro realizado polo pintor renacentista Sandro Botticelli, unha de óbralas cume do mestre florentino e do Quattrocento italiano. Consérvase na Galería Uffizi, en Florencia. Este cadro foi no seu tempo unha obra revolucionaria por canto presentaba sen andrómenas un espido non xustificado por ningún compoñente relixioso, así como un tema mitolóxico procedente da cultura clásica grecorromana anterior ao cristianismo, o que supoñía a plena aceptación do novo humanismo renacentista afastado do escurantismo medieval.
A moeda de 10 céntimos deste país representa este cadro.
Mañá outra moeda, outro país e máis coñecementos!
FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org
0 comentarios