Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CAMERÚN? XIII

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Francés e Inglés. Os idiomas oficiais son o francés e o inglés, e fálanse tamén numerosos idiomas locais, nun total de 24 grupos principais de linguas africanas no país. En total, ao redor de 230 linguas son faladas no país, dividíndose entre 173 linguas nixero-congoleñas, 55 linguas afroasiáticas e 2 linguas nilo-saharianas. Cabe sinalar que non hai ningunha presenza efectiva da lingua alemá.

E imos coa pregunta de hoxe! 

13. Cal é a moeda oficial de Camerún?

- Pula

- Marco

- Naira

- Franco

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: tlilxayac.com e deperu.com

0 comentarios