Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CAMERÚN? XIV

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Franco. Concretamente Franco CFA de África Central (XAF). É a moeda de seis estados independentes de África Central: Camerún, República Centroafricana, Chad, República do Congo, Gabón e Guinea Ecuatorial. A moeda é emitida polo Banco dos Estados de África Central, con sede na cidade capital de Camerún, Yaundé, para os membros da CEMAC (Comunidade Económica e Monetaria do África Central). A súa equivalencia é a seguinte:

1 XAF = 0,0015244902 EUR        1 EUR = 655,957 XAF

 

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Cal é a relixión dominante en Camerún?

- Animismo

- Islamismo

- Cristianismo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: guineainfomarket.com e culturasinaloa.com

0 comentarios