Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? XII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Verdadeiro. As redes pantasmas son redes de pesca perdidas ou abandonadas durante a pesca, en ocasións en prácticas ilegais. Segundo un informe de Greenpeace, ao redor de 640.000 toneladas de equipos pantasmas terminan nos océanos cada ano. Unha cifra que se corresponde ao 10% dos plásticos que se atopan no mar e que poden provocar a morte de moitos animais marítimos.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. En que océano se atopa a catarata de auga máis grande da Terra?

- Océano Atlántico

- Océano Pacífico

- Océano Ártico

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza,  elagoradiario.com e fundacionaquae.org

0 comentarios