Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GALICIA XIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Laxeiro. O seu verdadeiro nome é José Otero Abeledo (Lalín, 1908 - Vigo, 1996). Esta obra foi realizada durante a súa estancia en Arxentina, no período comprendido entre 1951 e 1970. Neses anos, ademais de investigar e penetrarse en linguaxes non figurativos, tamén seguiu cultivando as obras que lle daban a coñecer. Laxeiro atopábase a si mesmo nas creacións protagonizadas polos monicreques e marionetas, que o retrotraían ata a súa nenez en Galicia, cando asistía ás funcións de Monicreques de Barriga Verde.  A través destes personaxes de tradición medieval, Laxeiro achega a súa mirada crítica para explicar a vida, utilizándoos como un modo de expresión libre, por non remitirse a tipos reais. As marionetas, funcionan como intérpretes da comedia humana.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cantas catedrais hai en Galicia?

- 7 catedrais

- 6 catedrais

- 5 catedrais

- 4 catedrais

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org 

0 comentarios