CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XVIII
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1909. Coñécese co nome de Semana Tráxica aos sucesos acontecidos en Barcelona e outras cidades de Cataluña entre o 26 de xullo e o 2 de agosto de 1909. O desencadenamento destes violentos eventos foi o decreto do goberno de Antonio Maura de enviar tropas de reserva á guerra de Melilla, que causou un forte descontento social por ser a maioría destes reservistas pais de familia das clases obreiras. Os sindicatos convocaron unha folga xeral e o exército levou a cabo unha dura represión para dominar os disturbios. O balance dos disturbios supuxo un total de 78 mortos (75 civís e 3 militares); medio milleiro de feridos e 112 edificios incendiados (80 relixiosos). Detiveron a varios milleiros de persoas, das que 2.000 foron procesadas, resultando 175 penas de desterro, 59 cadeas perpetuas e 5 condenas á morte. Ademais clausuráronse os sindicatos e ordenouse o peche das escolas laicas.
E imos coa pregunta de hoxe!
18. En que ano comexou a Segunda Guerra Mundial?
- 1936
- 1939
- 1945
- 1947
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: semanatragicadebarcelona.blogspot.com e es.wikipedia.org
0 comentarios