CANTO SABES DE MARROCOS? XIII
Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…
A contestación correcta á pregunta onte é 1975. O 16 de outubro de 1975 a Corte Internacional de Xustiza resolveu que no momento da súa colonización por España non era un territorio sen dono e determinouse que existían certos vínculos de subordinación e de dereitos sobre terras entre algunhas tribos que habitaban no Sahara Occidental e o Sultán de Marrocos, pero NON existínan vinculos de soberanía entre o o territorio do Sahara Occidental e o Reino de Marrocos ou o complexo mauritano. A conclusión é que se debía celebrar o referendo. O Sultán de Marrocos, Hassan II, interprétao doutra forma. Queda con «existían certos vínculos de subordinación e de dereitos sobre terras entre algunhas tribos e o Sultán de Marrocos» pero esquécese de «NON existían vínculos de soberanía entre o territorio do Sahara Occidental e o Reino de Marrocos ou o complexo mauritano» e de «no momento da súa colonización por España non era un territorio sen dono» (os donos eran os saharauís). Segundo a súa versión, a Corte do Tribunal de Xustiza recoñeceu que o Sahara Occidental é marroquí desde «a noite dos tempos». O mesmo día, 16 de outubro de 1975, Hassan II convoca unha marcha para ocupar «o que é noso» (Marcha Verde). Parece ser que esta marcha estaba preparada moito antes de que resolvese a Corte Internacional de Xustiza e que foi apoiada ou financiada por EEUU debido a unhas desavinzas con España polas minas de fosfatos da zona. Tratan de forzar a España para negociar a entrega do Sahara Occidental. A Marcha Verde estaba composta por uns 350.000 marroquís que se dirixiron á fronteira do Sahara, zona que, previamente, o exército español minara e alambrara. Prodúcense momentos de tensa calma. Franco está nas últimas e o Réxime debilítase. Por unha banda, deféndese o referendo de autodeterminación en Nacións Unidas e, por outro, mantiña conversacións «secretas» (o 22 de outubro de 1975, o Ministro do Movemento, José Solís, entrevístase con Hassan II en Rabat) para negociar a entrega do Sahara Occidental. Cando Fernado Martínez Laínez levantou a lebre, os militares e os propios saharauís sentiron traizoados. O 2 de novembro, Don Juan Carlos visita O Aiún para tranquilizar tanto a militares como saharauís: «España sairá deste lance con honra» (?). O 6 de novembro iníciase a marcha. O Consello de Seguridade insta a Marrocos a deter a invasión, pero Hasán II sabe que conta co veto de EEUU e segue co seu plan. O 9 de novembro a Marcha Verde detense e o 14 de novembro asínanse os Acordos de Madrid polos que España cede a administración do Sahara á Yemaá Saharauí, Marrocos e Mauritania.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Cal é o símbolo animal nacional de Marrocos?
1-Fénec
2-Dromedario
3-León
Mañá a solución e última pregunta da serie!
FONTE: historiasdelahistoria.com e es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios