ENCRUCILLADO CXLVIII
VERTICAIS: 1. Palabra do Ano 2023 en Galicia 3. Capital de Lituania 5. Crustáceo mariño da familia dos astácidos, semellante á lagosta pero con grandes pinzas no primeiro par de patas e cor violácea, que se pesca en zonas rochosas e é moi apreciado pola súa carne, que ten de nome científico Homarus gammarus 6. Instrumento que serve para medir a presión dun fluído 7. Apelido do economista, político e docente arxentino, actual presidente da Nación Arxentina desde o 10 de diciembre de 2023.
HORIZONTAIS: 2. Planta herbácea anual da familia das poligonáceas, frecuente nos lugares húmidos da maior parte de Galicia, con flores avermelladas e follas lanceoladas que adoitan levar unha mancha negra, tendo de nome científico Polygonum persicaria 4. Río grego, o máis longo do país, que discorre integramente polo mesmo con 297 km 8. Figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal en toda Galicia, que baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar aos nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano" 9. Palabra do Ano para FundéuRAE 10. Enfermidade pulmonar obstrutiva crónica.
0 comentarios