ENCRUCILLADO CVIII
VERTICAIS: 1. Nome do río portugués, afluente do Texo pola dereita, segundo máis importante de portugal, que nace na Serra da Estrela e confúe co Texo preto de Constância 2. Crustáceo, semellante á nécora, ainda que máis pequeno, de cor vermello intenso, con puntos morados, tamén coñecido como xaiba e de nome cientíifico Liocarcinus corrugatus 3. Mancha pequena de cor parda que sae na cara ou noutras partes do corpo 5. País da América Central, limitado ó oeste e ó norte por México, ó leste por Belize, polo Golfo de Honduras e por Honduras, e ó sur polo Salvador e polo océano Pacífico 9. Instrumento semellante a un peite cos dentes de ferro ou de madeira, que se chanta na terra ou se encaixa nunha mesa ou banco, sobre o que se pasa o liño para quitarlle a baga.
HORIZONTAIS: 4. Enclave burgalés (Castela e León) situado no interior da provincia de Áraba (País Vasco) cuxas terras a rodean completamente 6. Capital e maior cidade de Eslovania 7. Arbusto caducifolio da familia das salicáceas de ata dez metros de altura, con pólas delgadas e flexibles, follas lanceoladas alternas, froito en cápsula e de nome científico Salix viminalis 8. Empresa gasística rusa, o maior extractor de gas natural no mundo, da que temos oido falar ultimamente en Europa polos cortes de suministro pola guerra 10. Concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira, cuxa capitalidade é Mosteiro, famoso polas súas mámoas e castros.
0 comentarios