Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO LXXIV

VERTICAIS: 1. Concello pontevedrés pertencente á comarca de Caldas, famoso pola súa Romaría Viquinga 2. Río que pasa por León, afluente do río Esla, pola súa beira dereita, que á súa vez o é do río Douro 3. Denominación que se lle dá ás illas de Ibiza e Formentera, e numerosos islotes, como Espalmador, Espardell, etc. situadas no mar mediteráneo 6. Estado dos Estados Unidos de América con capital en Augusta 8. Peixe da familia dos tríglidos, do que existen varias especies, de corpo alongado, espiñas no opérculo e cor principalmente vermella, que é moi abundante nas augas galegas e de nome científico Chelidonichthys lucernus.

HORIZONTAIS: 4. Que é característico e propio dun país ou dunha rexión e que non está falseado, deformado ou mesturado con nada alleo 5. Lago galego coñecido por ser o lago artificial máis grande do mundo, situado na val das Encrobas, no municipio coruñés de Cerceda, no interior dunha antiga mina de lignito, un carbón mineral que abasteceu á central térmica homónima 7. Río colombiano, tamén chamado río Grande, que desemboca no mar Caribe e nace no departamento do Huila,  navegable desde Fonda ata a súa desembocadura, e o seu principal afluente é o río Cauca 9. Capital de Cabo Verde 10. Ave da orde dos apodiformes, coa plumaxe de cor negra, parecida á anduriña, aínda que de maior envergadura, de patas moi curtas e de nome científico Apus apus.

0 comentarios