Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CAMERÚN? X

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é 10. A constitución divide o Camerún en 10 rexións semiautónomas, cada unha delas baixo a administración dun Consello Rexional electo. Cada reixión está encabezada por un gobernador designado polo presidente. As rexións están subdivididas en 58 departamentos (départements). Estes están encabezados por oficiais de división (préfets). As divisións están tamén divididas en subdivisións (arrondissements), encabezadas por oficiais asistentes de división (sous-prefets). Os distritos, administrados por xefes de distrito (chefs de district), son as unidades administrativas máis pequenas.

 

E imos coa pregunta de hoxe! 

10. Camerún foi un país colonizado por…

- Ingleses

- Alemáns

- Franceses

- Todos os anteriores

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e pormilmillonesdeafricanos.wordpress.com

0 comentarios