Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CAMERÚN? XI

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Todos os anteriores. Alemaña comezou a colonizar Camerún en 1868. Coa derrota de Alemaña na primeira guerra mundial, Camerún converteuse nun mandato da Sociedade de Nacións e foi dividido no Camerún francés e o Camerún británico en 1919. O 1 de xaneiro de 1960, o Camerún francés independizouse de Francia. O 1 de outubro de 1961, o antigo Camerún do Sur británico independizouse do Reino Unido mediante votación da Asemblea Xeral da ONU e uniuse ao Camerún francés para crear a República Federal do Camerún. Proclamación de la República (1972).

 

E imos coa pregunta de hoxe!

 

11. Politicamente, Camerún é una república parlamentarista unicameral. Cal é o Presidente e xefe do estado actualmente?

- Ahmadou Ahidjo

- Paul Biya

- Salomon Tandeng Muna

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios