Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CAMERÚN? XV

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Cristianismo. A maior parte da poboación camerunés, o 99,27%, é crente. A relixión máis estendida é o Cristianismo (católicos e proptestantes), cun 49,52% de persoas que o profesan. Aínda que ocupa o segundo lugar, tamén é importante o Animismo, cun 27,98% da poboación que o profesa. Finalmente o Islam profésao o 21,40%.

 

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie! 

15. Camerún é un país  con alto nivel de protección entre parques nacionais, santuarios de vida salvaxe, reservas de fauna... Pero cantos parques nacionais ten?

- 6

- 16

- 26

- 36

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxe: lausanne.org/es e globalnationalparks.com/es

0 comentarios