Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CAMERÚN? XII

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Paul Biya. Nado co nome de Paul Barthélemy Biya’a bi Mvondo; Mvomeka’a, 13 de febreiro de 1933. Exerce como presidente de Camerún desde o 6 de novembro de 1982 e que tamén foi primeiro ministro do seu país entre 1975 e 1982.​ É o actual gobernante non monárquico co mandato máis extenso da historia, con case 50 anos no poder de forma ininterrompida, e o xefe de Estado máis antigo do mundo. É considerado un ditador. Biya encabeza un réxime autoritario en Camerún. O seu goberno foi denunciado polas constantes violacións aos dereitos humanos, os casos de corrupción que involucran á elite gobernante e a empresarios próximos á súa familia, acusacións de fraude electoral e persecución a grupos de esquerda para manterse no poder.​

 

E imos coa pregunta de hoxe! 

12. Cal é o idioma oficial de Camerún?

- Inglés

- Francé e Inglés

- Francés

- Alemán

- Francés, Ingés e Alemán

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e nuevarevolucion.es

0 comentarios