Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE HUNGRÍA? XVI (FIN)

Remato coa serie adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tulipán. É a flor nacional de Hungría, famosa en todo o mundo, aínda que un pouco máis nos países europeos. É unha planta perenne e bulbosa, pertencente á familia Liliaceae. É unha planta bela que podes atopar nunha infinidade de especies diferentes, case 5.000, aínda que de todas esas, as especies máis comúns son as que posúen os pétalos nas seguintes cores: branco, amarelo, e vermello. En Hungría é coñecida como tulipán moteado.

Espero que esta serie servise para coñecer este país!

Ata a próxima serie!

FONTE: verdissimo.com/es   Imaxe: Hungría Parque Tulipas Pensamientos Botanical garden Szeged

#DígochoEu Non digas *halagar

Castelanismo á vista! Nin *halagar nin *halago son palabras correctas en galego!

#DígochoEu

CANTO SABES DE HUNGRÍA? XV

Continúo coa serir adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é Potencias do Eixe.  Hungría foi durante a Segunda Guerra Mundial membro das potencias do Eixo. Na década de 1930, o Reino de Hungría baseou a súa estratexia para saír da Gran Depresión no incremento do comercio coa Italia fascista e a Alemaña nazi o que trouxo como consecuencia un xiro á dereita da política húngara e unha aproximación en política exterior aos mencionados países, da que Hungría obtivo beneficios territoriais temporais: diversas disputas territoriais con Checoslovaquia, a Eslovaquia, e Romanía saldáronse con acordos negociados favorables a Hungría. En 1940, baixo a presión de Alemaña, Hungría uniuse ao Eixo. Aínda que esperaba evitar a participación directa na guerra, esta pronto se fixo inevitable. En 1941, as forzas húngaras participaron na invasión de Iugoslavia e a invasión da Unión Soviética. Mentres combatía contra a Unión Soviética, Hungría mantivo negociacións de paz secretas cos Estados Unidos e o Reino Unido. Hitler descubriu a súa traizón e, en 1944, as forzas alemás ocuparon Hungría para evitar unha deserción similar á de Italia. Cando as tropas soviéticas aproximábanse ao territorio húngaro o rexente Miklós Horthy asinou un armisticio entre Hungría e a Unión Soviética. Os alemáns reaccionaron e o fillo de Horthy foi secuestrado por un comando alemán mentres as tropas de Hitler ocupaban a capital, na que o rexente non contaba coas forzas necesarias. Horthy viuse obrigado a revogar o armisticio e pouco despois foi deposto do poder e internado en Alemaña. En 1945 as forzas húngaras e alemás en Hungría foron derrotadas polos soviéticos.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

15. Cal é a flor nacional de Hungría?

- Rosa

- Violeta

- Tulipán

- Margarida

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: eurasia1945.com

#DígochoEu Non me chames rubia!

O capítulo de hoxe vaiche axudar a distinguir ben as cores do pelo

#DígochoEu

O #DígochoEu vai á praia!

Con esta calor non hai quen pare! Por iso o #DígochoEu vai á praia e tráenos varias palabriñas coas que ás veces metemos a zoca!

CANTO SABES DE HUNGRÍA? XIV

Continúo coa serie adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é Forinto. Ou florín húngaro é a moeda de uso oficial en Hungría. Un forint divídese en 100 fillér (división só teórica: o fillér xa non está en circulación) Como membro da Unión Europea, a meta do goberno húngaro é substituír o forinto polo euro a longo prazo.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Na segunda Guerra Mundial, Hungría formou parte do bando…

- Aliados

- Potencias do Eixe

Mañá a solución e última pregunta da serie!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org e es.ucoin.net

CANTO SABES DE HUNGRÍA? XIII

Continúo coa serie adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é Urálicas. O húngaro ou magiar e unha lingua que se fala en Hungría e áreas adxacentes de Romanía, Serbia, Eslovaquia, Croacia, Austria e Eslovenia. Pertence ao grupo das linguas ugrofinesas da familia das linguas urálicas, máis especificamente, dentro do subgrupo das linguas ugrias. Xunto co estoniano, o éuscaro e o finés, pertence ao grupo das linguas europeas que non son da familia das linguas indoeuropeas, coas que tamén comparte o trazo tipolóxico de ser unha lingua aglutinante. 

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é a moeda oficial de Hungría?

- Euro

- Forinto

- Dinar

- Lira

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.co e as.com 

CANTO SABES DE HUNGRÍA? XII

Continúo coa serie adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.

A contestación correcta á pregunta de onte é Debrecen. É a segunda cidade de Hungría despois de Budapest, sendo o centro rexional da Gran chaira do norte e a capital do condado administrativo de Hajdú-Bihar. A cidade ten unha poboación de 201.582 habitantes. Outras ciudades: Szeged (157.252); Miskolc (152.432); Pécs (141.031); Győr (121.483).

E imos coa pregunta de hoxe!

12. O húngaro é o idioma oficial de Hungría. A que familia lingüística pertenece.

- Indoeuropeas

- Urálicas

- Mongólicas

- Caucásicas

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org