CANTO SABES DE HUNGRÍA? XV
Continúo coa serir adicada a Hungría, un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea e que se atopa na chaira panónica da Europa Central.
A contestación correcta á pregunta de onte é Potencias do Eixe. Hungría foi durante a Segunda Guerra Mundial membro das potencias do Eixo. Na década de 1930, o Reino de Hungría baseou a súa estratexia para saír da Gran Depresión no incremento do comercio coa Italia fascista e a Alemaña nazi o que trouxo como consecuencia un xiro á dereita da política húngara e unha aproximación en política exterior aos mencionados países, da que Hungría obtivo beneficios territoriais temporais: diversas disputas territoriais con Checoslovaquia, a Eslovaquia, e Romanía saldáronse con acordos negociados favorables a Hungría. En 1940, baixo a presión de Alemaña, Hungría uniuse ao Eixo. Aínda que esperaba evitar a participación directa na guerra, esta pronto se fixo inevitable. En 1941, as forzas húngaras participaron na invasión de Iugoslavia e a invasión da Unión Soviética. Mentres combatía contra a Unión Soviética, Hungría mantivo negociacións de paz secretas cos Estados Unidos e o Reino Unido. Hitler descubriu a súa traizón e, en 1944, as forzas alemás ocuparon Hungría para evitar unha deserción similar á de Italia. Cando as tropas soviéticas aproximábanse ao territorio húngaro o rexente Miklós Horthy asinou un armisticio entre Hungría e a Unión Soviética. Os alemáns reaccionaron e o fillo de Horthy foi secuestrado por un comando alemán mentres as tropas de Hitler ocupaban a capital, na que o rexente non contaba coas forzas necesarias. Horthy viuse obrigado a revogar o armisticio e pouco despois foi deposto do poder e internado en Alemaña. En 1945 as forzas húngaras e alemás en Hungría foron derrotadas polos soviéticos.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
15. Cal é a flor nacional de Hungría?
- Rosa
- Violeta
- Tulipán
- Margarida
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: eurasia1945.com
0 comentarios