Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: O ChatGPT non che é tan listo como parece

ChatGPT é unha aplicación de chatbot de intelixencia artificial desenvolvida en 2022 por OpenAI especializada no diálogo. Saberá o que lle propón Esther?

#DígochoEu

#DígochoEu: Os #cibercarrachos poden usar o Whatsapp de amigos e familiares para falcatruadas!

O whatsapp poden ser unha boa ferramenta para os #cibercarrachos. Atento!

#DígochoEu

CANTO SABES DE TUNISIA XIV (FIN)

Remato coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie é dromedario. Ou camelo arábigo (Camelus dromedarius) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Camelidae. É similar ao camelo bactriano (coñecido vulgarmente como camelo), do que se diferencia pola súa pelaxe xeralmente máis curta, corpo menos robusto e presenza dunha xiba en lugar de dúas.

Como curiosidade, Tunisia ten unha ave oficial, o corredor sahariano, tamén chamado simplemente corredor ou corredeira, (Cursorius cursor), unha ave limícola da familia Glareolidae.

E así remato a serie, esperando que axudara a coñecer mellor este pais,

Ata a próxima serie!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE TUNISIA? XIII

Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.

A contestación correcta á pregunta de onte é 20 de marzo de 1956. Ese día, cada ano, celebrase o Día Nacional de Tunisia, tamén coñecido como Día da Independencia, sendo esta o resultado dunha longa loita e os esforzos de moitos nacionalistas tunisianos, incluído Habib Bourguiba, quen máis tarde se converteu no primeiro presidente de Tunisia. A loita pola independencia incluíu protestas pacíficas, folgas e organización política. O 20 de marzo de 1956, o goberno francés accedeu ás demandas de independencia de Tunisia tras negociar con Bourguiba. A bandeira de Tunisia izouse por primeira vez e Bourguiba pronunciou un discurso anunciando a independencia do país.



E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

13. Cal é o animal oficial de Tunisia?

- Xabaril

- Dromedario

- Hiena

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE:ambitointernacional.com e gl.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *conlevar

*Concevar é incorrecto, pero cales son entón as alternativas?

#DígochoEu

CANTO SABES DE TUNISIA? XII

Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes. A contestación correcta á pregunta de onte é 24. Tunisia atópase dividida en 24 provincias, a saber...
   

As provincias están divididas en 264 "delegacións" ou "distritos" (mutamadiyat), e subdivididos en municipios (shaykhats) e sectores (imadats).

E imos coa pregunta de hoxe

12. En que ano se independizou Tunisia de Francia?

- 20 de marzo de 1956

- 25 de xullo de 1957

- 1 de xuño de 1959

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org e ambitointernacional.cpm

#DígochoEu: Pódese dicir 'rabecha'?

Si que se pode!

#DígochoEu

CANTO SABES DE TUNISIA? XI

Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.  

A contestación correcta á pregunta de onte é República. De conformidade coa constitución do 26 de xaneiro de 2014, Tunisia é unha república cun sistema semipresidencial de goberno, baseado na democracia representativa. Baixo este sistema, o presidente da república é o xefe de Estado, elixido directamente por voto popular para un mandato de cinco anos con posibilidade dunha soa reelección, mentres que o gabinete está presidido por un Xefe de Goberno designado polo lexislativo.  

E imos coa pregunta de hoxe! 

11. Administrativamente, Tunicia, esta dividida en gobernacións ou wilayāt. Pero cantas son?

- 20

- 22

- 24

- 26

- 28

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org