#DígochoEu: Podemos comer 'patacas fritas' en galego?
Coidado, en galego non temos o verbo *freir, pero si temos fritir e frixir!
#DígochoEu
Coidado, en galego non temos o verbo *freir, pero si temos fritir e frixir!
#DígochoEu
Non digas *tirita 🩹! Esther danos a alternativa!
#DígochoEu
Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Xerba. Esta illa do norte de África pertencente a Tunisia, de 514 km² de superficie, está situada non golfo de Gabes. Trátase da maior illa do norte de África. A súa cidade máis importante é Houm Souk, cunha poboación aproximada de 78.000 habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é a forma de goberno de Tunisia?
- Ditadura
- República
- Monarquía
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Lago O Bibane. Esta lagoa está situada na rexión Zarzis de Tunisia. O patrimonio deste humidal é recoñecida internacionalmente pola convención Ramsar como Lago Biban. Trátase dunha lagoa costeira situada a 10 km ao norte da cidade de Ben Gardane (ou Bnqirdan), e a 20 km ao sur da cidade de Zarzis. Cunha área de ata 27 mil hectáreas, é o lago máis grande da conca mediterránea.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Cal é a illa máis grande de Tunisia?
- Zembra
- Xerba
- Plana
- Zembretta
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e mapcarta.com/es
Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Río Medjerda. É un destacado río do noroeste de África que discorre por Tunisia e Alxeria e desemboca no mar Mediterráneo. Cunha lonxitude de 450 km, é o río máis grande de Tunisia e constitúe a principal fonte de rega e auga potable do país.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Cal é o lago máis grande de Tunisia?
- Lago de Tunis
- Lago O Bibane
- Lago/Baía de Bizerta
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
Nin *lexos, nin *alexarse. Lonxe e afastarse!
#DígochoEu
Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.
A contestaciñon correcta á pregunta de onte é Djebel Chambi. Cos seus 1.544 m s. n. m., é a montaña (Djebel) máis alta de Tunisia, situada ao extremo dos montes Atlas. Desde 1981 as súas inmediacións están protexidas como parque natural e desde 1977 como reserva da biosfera.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Cal é o río máis longo de Tunisia?
- Río Oued Siliana
- Río Medjerda
- Río Oued Sejnane
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE e imaxes: es.wikipedia.org
Coidado cos videoxogos piratas pois poden conter programas maliciosos para tomar o control do teu PC ou videoconsola 😈!
#DígochoEu