#DígochoEu: Ollo cos datos que lle dás á IAl Os #cibercarrachos andan á espreita!
Intelixencia Artificial (IA). Coidado! 😈 Os #cibercarrachos andan á espreita!
#DígochoEu
Intelixencia Artificial (IA). Coidado! 😈 Os #cibercarrachos andan á espreita!
#DígochoEu
Tunisia é un país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes. O territorio do país albergou civilizacións importantes desde tempos remotos coa lendaria cidade de Cartago, fundada no século VIII a.C. O país conta con vales, desertos como o Sahara e cidades históricas. Se queres coñecer algo máis deste país anímote a que sigas esta serie.
Anímaste? Pois comezamos!
1. Tal como dixemos, Tunisia é un país mediterráneo. Pero cal son os seus límites?
- Norte mar Mediterráneo, sur e sueste Libia, leste mar Mediterráneo e oeste Alxelia
- Norte e leste mar Mediterráneo, sur Libia e oeste Marrocos
- Norte mar Mediterráneo, sur Libia, leste Alxelia e oeste Marrocos
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: exteriores.gob.es e gl.wikipedia.org Imaxes: tunez.net e es.wikipedia.org
*Se las trae, é unha expresión castelá, pero como se dirá en galego?
#DígochoEu
Pero que palabra é esa? *Capullo. Hoxe Esther tráenos a forma de dicilo correctamente para calquera dos seus significados!
#DígochoEu
*De bruces non é correcto en galego! Pero Esther danos dúas alternativas. Escoita!
#DígochoEu
Unha baralla no é só un conxunto de naipes, ten moitos significados. Queres sabelos? Pois atende a explicación de Esther!
#DígochoEu
Remato coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurais, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é 2. Morgan Freeman (1 de xuño de 1937, Memphis-Tennessee-Estados Unidos). Actor, director e documentalista. Oscar ao mellor actor dd reparto en 2005. É o único que non é nado en Kenya. O resto sí:
1- Wangari Muta Maathai (Nyeri, 1 de abril de 1940-Nairobi, 25 de setembro de 2011) foi unha política e ecoloxista kenyana. Foi a primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004.
3- Clive Froome (Nairobi, 20de maio de 1985), naceu en Kenya xa que os seus pais (orixinarios da cidade de Brighton) trasladáronse alí por motivos laborais. En maio de 2008, adoptou a nacionalidade británica, a dos seus pais e avós.
4- Kelvin Kiptum (Condado de Elgeyo-Marakwet, 2 de decembro de 1999 - Kaptagat, 11 de febreiro de 2024) foi un deportista kenyano que competía en atletismo, especialista na maratón.
E así remato esta serie, esperando que axudara a coñecer un chisco mellor este sorprendente país.
Ata a próxima serie!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
*Voltereta é incorrecto en galego, pero Esther danos moitas alternativas a esta palabra!
#DígochoEu