Blogia
vgomez

CANTO SABES DE TUNISIA?

Tunisia é un país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes. O territorio do país albergou civilizacións importantes desde tempos remotos coa lendaria cidade de Cartago, fundada no século VIII a.C. O país conta con vales, desertos como o Sahara e cidades históricas. Se queres coñecer algo máis deste país anímote a que sigas esta serie. 

Anímaste? Pois comezamos! 

1. Tal como dixemos, Tunisia é un país mediterráneo. Pero cal son os seus límites? 

- Norte mar Mediterráneo, sur e sueste Libia, leste mar Mediterráneo e oeste Alxelia

- Norte e leste mar Mediterráneo, sur Libia e oeste Marrocos

- Norte mar Mediterráneo, sur Libia, leste Alxelia e oeste Marrocos

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: exteriores.gob.es e gl.wikipedia.org       Imaxes: tunez.net e es.wikipedia.org

0 comentarios