ENCRUCILLADO CLVI
VERTICAIS: 1. Peixe mariño da orde dos angüiliformes, de corpo alongado e cilíndrico, boca grande coa maxila superior saínte, pel viscosa sen escamas e cor cincenta ou negra no dorso, abrancazada no ventre e de nome científico Conger conger 2. Utensilio doméstico para limpar o chan, que está composto por unha cabeza formada por tiras de tecido ou doutro material que absorben a auga e un mango longo para non se ter que abaixar ao fregar, que foi inventado polo militar español Manuel Jalón Corominas 4. Organización política e paramilitar palestina que se declara yihadista, nacionalista e islamista que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina 5. Nome que se lle dá á rexión do espazo que se atopa baixo a influencia do vento solar, a cal se compón de ións procedentes da atmosfera solar e que descansa no medio interestelar 7. Tractor agrícola lixeiro e de pequenas dimensións.
HORIZONTAIS: 3. Divindade feminina da natureza, propia da mitoloxía grecolatina, que habita os bosques, os ríos, as fontes, os mares etc. 6. Arbusto espiñento da familia das leguminosas, de follas alternas cando é novo, que logo son substituídas por espiñas verdes, e flores amarelas, do que existen varias especies en Galicia 7. Concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca do mesmo nome e á Ribeira Sacra, no que se atopa o castro Candaz, que xeralmente está anegado polo río Miño trala construción do encoro de Belesar 9. Cada un dos dous instantes do ano en que o Sol deixa de apartarse do ecuador celeste e comeza de novo a aproximarse, e que coincide un co comezo do verán e outro co comezo do inverno 10. Elemento químico de propiedades intermedias entre os metais e os metaloides, de cor branca azulada e brillante, fácil de fragmentar e pulverizar, que aumenta a dureza dos metais cos que se asocia e de símbolo Sb.
0 comentarios