ENCRUCILLADO LI
VERTICAIS: 2. Crustáceo mariño da orde dos decápodos, dotado de pinzas no primeiro par de patas, co cacho ovado, robusto e con numerosas protuberancias, de cor vermella ou rosada e de nome científico Maja squinado 3. Moeda oficial ol Reino de Marrocos 5. É o máis alto cumio do mundo, dentro da cadea do Himalaia, situado sobre a fronteira entre o Nepal e mailo Tíbet (China) 9. Sigla do ácido ribonucleico, ácido nucleico que participa na síntese dlas proteínas e realiza a función de mensaxeiro da información xenética.
HORIZONTAIS: 1. Capital histórica e constitucional de Bolivia, pero non sede do Gobernó nin capital Administrativa 4. Foi unha das sete capitais do Reino de Galicia, situada en Pontevedra 5. Río con curso fluvial no noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas e que desemboca no mar Cantábrico 6. Prefixo do Sistema Internacional de Unidades que denota un factor de 109, ou 1 000 000 000 7. Apelido do escritor e historiador galego, marido, da tamén escritora, Rosalía de Castro 8. Viveiro que consiste nunha plataforma ancorada no mar da que penden varias cordas, onde se cría o mexillón ou outros moluscos.
0 comentarios